V CONGRESO GALEGO DE ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS

Ferrol

12, 13 e 14 de setembro de 2001

Índice

Portada
Comité Científico
Comité Organizador
Sede do Congreso
Programa  
Presentación de
comunicacións
Normas para a presentación de comunicacións
Cotas de Inscrición
Formas de pagamento
Inscrición
Boletín de Inscrición
Cea de Confraternidade
Aloxamento
Boletín de reserva de
aloxamento
 
Persoas Inscritas  
Comunicacións e Conferencias

 

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

No congreso poderán participar todas as persoas especialistas en Estatística e Investigación de Operacións así como os profesionais do ensino, da administración e da empresa que empreguen na súa actividade as técnicas Estatísticas ou de Investigación de Operacións, tendo a posibilidade de presentar comunicacións orais ou en forma de póster, sobre áreas temáticas relacionadas cos métodos estatísticos e de investigación de operacións, as súas aplicacións nos diversos eidos así como os aspectos didácticos no ensino da Estatística e da Investigación de Operacións.

 

As persoas que desexen presentar algunha comunicación deberán remitir ó comité organizador, antes do  día  31 de maio de 2001, un resumo impreso da mesma (aproximadamente 100 palabras) e o traballo completo antes do 30 de xuño de 2001. As persoas que presenten algunha comunicación deberán enviar ó comité organizador, antes do 30 de xuño de 2001 dúas copias do traballo completo: unha impresa e outra en disco de 3.5 pulgadas ou por correo electrónico como anexo ("attachment") ó enderezo:

v_sgapeio@udc.es

 

O comité organizador non garantiza a publicación nas actas do Congreso dos traballos que se reciban con posterioridade ó 30 de xuño de 2001, nin daqueles dos que ningún dos autores estea inscrito no congreso nesa data.