Conference on Statistical Learning and Data Science/Nonparametric Statistics

4 de xuño de 2018 – 6 de xuño de 2018
Nova York, EEUU
Descrición: A “Conference on Statistical Learning and Data Science/Nonparametric Statistics” terá lugar na Universidade de Columbia, do 4 ao 6 de xuño de 2018. O principal obxectivo do congreso é reunir investigadores adicados á minería de datos e ao Statistical Learning da academia, industria e goberno nun ambiente distendido e estimulante para concentrarse no desenvolvemento da teoría, métodos e aplicacións da aprendizaxe estatística. Os temas inclúen, entre outros, a análise de Big Data, clasificación, bioloxía computacional, a estimación de modelos gráficos, datos de alta dimensión, teoría da aprendizaxe, selección de modelos, análise de redes, precisión médica e procesamento de sinais e imaxes. O evento será patrocinado por Google, o Simons Foundation, a Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, a Universidade de Michigan, a Universidade de Rutgers, a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, a Universidade de Duke, e o Departamento de Estatística e Departamento de Bioestatística da Universidade de Columbia. 
Coordinadores do programa: Annie Qu (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e Cynthia Rudin (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). 
Data límite de rexistro: 24 de Maio de 2018
https://publish.illinois.edu/sldsc2018/

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates