Congresos CMStatistics 2018 (ERCIM 2018) e “12th International Conference on Computational and Financial Econometrics” (CFE 2018) 

14 de decembro de 2018 – 16 de decembro de 2018
Pisa, Italia
Descrición: O “11th International Conference of the ERCIM WG on Computational and Methodological Statistics” (CMStatistics 2018) terá lugar na Universidade de Pisa, Italia, do 14 ao 16 decembro de 2018. Os cursos tutoriais impartiranse o xoves 13 de decembro mentres que o curso de inverno Cronos Winter Course terá lugar do 11 ao 12 decembro de 2018. Este cogreso está organizado polo grupode traballo ERCIM de eEstatística Computacional e metodoloxica (CMStatistics) ademais da Universidade de Pisa. A nova revista Econometrics and Statistics (EcoSta) e o seu suplemento, Annals of Computational and Financial Econometrics, son os principais patrocinadores do congreso. As revistas Econometrics and Statistics e Computational Statistics and Data Analysis publicarán aqueles traballos seleccionados en números especiais unha vez pasen a correspondente revisión por pares. Este congreso terá lugar conxuntamente coa “12th International Conference on Computational and Financial Econometrics” (CFE 2018). Es congreso ven avalado pola alta calidade das presentacións e a alta participación, de feito a última edición reuniu máis de 1.600 participantes.
Temas: Métodos robustos, algoritmos e software estatístico, análise de datos de alta dimensión, estatísticas de datos imprecisos, modelado de valores extremos, regresión cuantil e métodos semiparamétricos, validación de modelos, análise de datos funcionais, métodos Bayesianos, heurística de optimización para a estimación e o modelizado, econometría computacional, finanzas cuantitativas, extracción e filtrado de sinais, estimación de áreas pequenas, modelos de ecuacións estruturais e variables latentes, modelos de mesturas, cálculos matriciais en estatística, modelado e computación de series temporais, algoritmos de deseño óptimos e estatística computacional para a investigación clínica.
Sitios web: 
http://cmstatistics.org/CMStatistics2018/index.php
http://cfenetwork.org/CFE2018/

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates