11th International Statistics Days Conference (11th ISDC)

3 de outubro de 2018 – 7 de outubro de 2018
Bodrum (antiga Halicarnaso), Turquía
Descrición: O Departamento de Estatística da Universidade de Muğla Sıtkı Koçman comprácese en informar a todos os membros da SGAPEIO que recentemente se abriu o prazo para a presentación de resumos correspondente ó "11th International Statistics Days Conference" que se ha celebrar no nomeado e sobranceiro Kefaluka Resort Hotel (consultar http://www.kefaluka.com/) ao abrazo de azul profundo do Mar Exeo, en Turquía. O congreso ofrece unha oportunidade única de intercambiar ideas e discutir novas cuestións tanto teóricas como prácticas en calquera dos campos da estatística, ademais de establecer novas colaboracións que sirvan de semente a proxectos e investigacións de carácter global. O Comité Científico avaliará as súas contribucións mediante un proceso de revisión por pares. As presentacións aceptadas publicaranse nos Proceedings do Congreso, accesibles vía web, tendo ademais a posibilidade de seren seleccionadas para a súa publicación en diversas revistas de contrastada calidade. O comité organizador comprométese a investir todo o seu esforzo para xerar un ambiente óptimo para partillar coñecementos e experiencias.
Sitio web:http://www.igs2018.mu.edu.tr/

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates