ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
València International Bayesian Summer School (VIBAS S3)
Descrición: Anúnciase a Terceira edición do València International Bayesian Summer School (VIBASS3) que terá lugar desde o 22 ao 26 de xullo 2019 en València (España).
VIBASS3 é unha escola de verán de 5 días que ofrece unha oportunidade para aprendizaxe da estatística bayesiana sen requerirse coñecementos de partida neste ámbito.
Os cinco días de VIBASS3 organízanse en tres partes:
- Os primeiros dous días inclúen un curso básico en Bayesian learning (12 horas), con sesión conceptual e sesións prácticas con paquetes de R.
- Sería aconselláble que os participantes trouxesen os seus portátiles para as sesións prácticas.
- A segunda parte adicarase a un asunto de interese actual na investigación bayesiana como é o Applied Bayesian Computation e o NIMBL Esta edición terá por a Aplicado Bayesian Computation e o e a plataforma NIMBLE Plataforma para a Modelización Xerárquica e MCMC. Este curso de 12 h será impartido por Daniel Turek, Assistant Professor de Estatística no Williams College e membro do Equipo de Desenvolvemento NIMBLE.
- O venres 29 é o último día da escola de verán no que se programará un workshop composto por dúas sesións plenarias cos seguintes conferenciantes convidados:
- Eleni Matechou (University of Kent).
- Gonzalo García-Donato ( Universidad Castilla- La Mancha).
Anímase a todos os participantes na escola de verán apresentar as súas investigación no marco dunha tormenta de ideas informal e a través da sesión de pósteres programada.
O VIBASS3 está organizado polo grupo VABAR, pola Universitat de València e polo Biomathematics and Statistics Scotland, BIOSS.
Máis información: http://vabar.es/events/vibass3/