o Información: A XIII Xornada de Usuarios de R en Galicia formará parte do congreso esLibre que tamén se celebra en Melide durante os días 17 e 18 de abril. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores, incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 24/03/2026

