Información: A X edición do WCDANM celebrarase na Universidade do Minho (Campus de Azurém, Guimarães) e constitúe unha oportunidade para a difusión de investigación en Matemáticas e Estatística, con especial atención á Análise Computacional de Datos e aos Métodos Numéricos, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. O encontro promove o uso de novas técnicas e ferramentas computacionais, con especial énfase en aplicacións en Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría, Industria, Ciencias Ambientais, Finanzas, Seguros, Xestión e Administración. O workshop está aberto a toda a comunidade científica, con ou sen comunicación oral ou póster, e pretende fomentar o debate e novas colaboracións científicas, incluídas as relacionadas con proxectos de Mestrado e Doutoramento.

o   Datas importantes:

§  Envío abstracts: ata o 10/05/2026

§  Notificación de aceptación: 24/05/2026

§  Rexistro: tarifa reducida ata o 27/05/2026 e prazo final ata o 03/06/2026

o   Web: https://w3.math.uminho.pt/WCDANM2026