o Información: A próxima edición do ISNPS celebrarase en Tesalónica, dando continuidade ás anteriores edicións en Chalkidiki (2012), Cádiz (2014), Avignon (2016), Salerno (2018), Pafos (2022) e Braga (2024). O simposio presentará avances recentes e novas tendencias en Estatística Non Paramétrica e Aprendizaxe Automática, cun programa científico que incluirá conferencias plenarias, sesións invitadas, comunicacións contribuídas e sesión específica de pósters para estudantes. Organízase tamén un concurso de traballos para estudantes, cuxos gañadores presentarán nunha sesión especial, recibirán exención da cota de inscrición e premios económicos para gastos de viaxe. O encontro terá lugar no Grand Hotel Thessaloniki e pretende fomentar o intercambio científico e a colaboración internacional na área.
o Datas importantes:
§ Keynote e sesións invitadas (envío abstracts): ata o 16/03/2026
§ Comunicacións e pósters (envío abstracts): ata o 02/04/2026 (notificación en dúas semanas)
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 31/03/2026; tarifa regular do 01/04/2026 ao 15/05/2026; tarifa tardía desde o 16/05/2026
o Web: https://easyconferences.eu/isnps2026/

