ÚLTIMAS NOVAS
- XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos - Aberto prazo de Inscrición
- XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Primeira circular
- XVI Congreso SGAPEIO (A Coruña, 2023)
- Libros dos premios da Incubadora
- “Onde caben dous caben cinco” representará a España na ISLP Poster Competition 2022-2023
Acceso socios
III Congreso de software libre para educación
O III Congreso de software libre para educación celebrarase en Santiago os días 1 e 2 de xullo de 2014. A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.
- Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.
- Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.
- Horas de formación: 16 (solicitada homologación á Consellería de Educación).
- Envío de comunicación: ata o 1 de xuño de 2014.
Mais información: IGACIENCIA