ÚLTIMAS NOVAS
- Gañadores XV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Finalistas e mencións do XV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
- IX Convocatoria de axudas a proxectos de Tecnoloxías Accesibles – Indra Group e Fundación Universia
- Curso de Intelixencia Artificial – Samsung Innovation Campus (UPV e UMA)
Acceso socios
XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Formación Profesional Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor/a do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: desde o 24 de marzo ata o 7 de abril de 2025.
- Entrega dos traballos finalizados: desde o 24 de marzo ata o 11 de abril de 2025.
- Fallo do xurado: do 19 ao 23 de maio de 2025.
Formulario de inscrición (aberto do 24 de marzo ao 7 de abril)
Vídeo promocional: