ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
II edición do concurso “Ciencia en Imaxe”
Está aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición do Concurso de Fotografía "A Ciencia en Imaxe", organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día de San Alberte Magno.
O Concurso está aberto a calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica, e concede un premio de 300 €, e dous premios de 100 € cada un.
O prazo para inscribirse estenderase dende o 21 de outubro ata o dia 9 de novembro de 2015.
Máis información: Concurso