ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Conferencia Europea sobre Calidade nas Estatísticas Oficiais
O Instituto Nacional de Estatística de España e Eurostat organizan a Conferencia Europea sobre Calidade nas Estatísticas Oficiais (Q2016) que terá lugar no Círculo de Bellas Artes en Madrid, do 1 ao 3 de xuño de 2016. O programa da Conferencia compleméntase ademais cunha serie de cursos especializados, que se impartirán o día previo á Conferencia (31 de maio de 2016).
Dende a súa creación en 2001, estas Conferencias supoñen un marco idóneo para presentar e discutir o progreso e desenvolvemento da calidade nas estatísticas oficiais, así como para o intercambio de metodoloxías e boas prácticas entre expertos de diferentes ámbitos estatísticos (oficinas de estatísticas, organizacións internacionais, investigadores e académicos).
O sitio web da Conferencia (Q2016) ofrece información sobre a sede, aloxamento, cursos de formación e eventos sociais.