ÚLTIMAS NOVAS
- 11ª Edición do Curso e Seminario Aberto sobre Análise de Datos Composicionais
- Segunda Convocatoria de axudas “Doctorados Industriales” 2024
- Convocatorias de Investigación con prazo de solicitude aberto
- Prazas para o corpo de Diplomados en Estatística
- Praza de profesor axudante doutor na Universidad de Valladolid
Acceso socios
Premio a mellor comunicación oral no PhDay-EIO
O vindeiro 4 de outubro na Facultade de Matemáticas da USC terá lugar a primeira edición do PhDay-EIO.
É unha oportunidade única para xuntar tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:
- Sesión invitada. A Profesora Mercedes Conde Amboage do Departamento de Estatística, Ánalise Matemática e Optimización (USC), aportará a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutora.
- Exposicións orais. Alumnos do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa presentarán o seu traballo en charlas. Haberá un premio especial para o mellor traballo, patrocinado pola SGAPEIO.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/phDay/index.php/gl/