X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  Nota (30/03/20)

                                     ♦  Bases    Díptico

Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2019-2020) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante. 
 
Plantilla para o informe (non é obrigatorio empregala).

Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 01 de abril ata o 15 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020. 
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 16 ata o 30 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
  • Do 26 ao 29 de maio de 2020 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. As datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio

Vídeo promocional

 

 
2025  SGAPEIO   globbers joomla templates