Ampliación prazos - X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Dada a situación de alerta sanitaria decretada polo Goberno, por causa do Covid-19, e a supresión temporal do curso escolar aprázase a inscrición e a entrega de traballos ao X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, as novas datas á espera de que a situación se resolva son:

  • Prazo de inscripción e entrega de traballos do 1 de maio ao 31 de maio de 2020.
  • Este prazo podería verse modificado se a situación de alerta se alarga polo que as datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio.

Rogamos que se manteñan informados mediante a nosa páxina web sobre as posibles modificacións nas datas e desculpen as molestias que podan ocasionar aos estudantes e profesores a alteración inicial das datas.

Na seguinte ligazón pode consultarse unha nota as bases do concurso publicada o 30/03/2020.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates