A Fundación Escola Rosalía e Educa Barrié, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, a colaboración da Asociación Escola Rosalía de Castro, e o asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) volta a organizar en Vigo este ano a XI Edición de IMATXINA.
Obxectivos xerais:
- Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
- Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
- Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
- Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
- Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
- Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.
Máis información: IMATXINA

