ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2015
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan unha XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición en Santiago de Compostela.
Esta actividade conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e está financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Economía e Competitividad.
LUGAR E DATA:
Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
Data de celebracion: 14 de novembro de 2015
INSCRICIÓN:
Período de inscrición: aberto ata o 11 de novembro de 2015.
SOFTWARE DO OBRADOIRO: Epidat 4.1
Descrición: Epidat 4.1 é un programa de libre distribución, multiplataforma e multilingüe, orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos. Está desenvolvido pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública co apoio da Organización Panamericana da Saúde e da Universidade CES de Medellín (Colombia).
Descarga: para descargar o programa so é necesario cubrir un breve formulario.
Instalación: O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema que teña permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.1). Para funcionar correctamente, Epidat 4.1 require Java 6.0 Update ou superior.
PROGRAMA:
|
|
10.00-10.45 |
Experiencia: |
|
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (IES de Mugardos) |
10.45-11.30 | Experiencia: "¿Somos máis altos ou máis obesos? Estudo estatístico realizado por nenos de 3º da ESO" |
|
Ana Domínguez López (Colegio Salesianos de A Coruña) |
11.30-12.00 | Descanso |
|
|
12.00-14.00 | Obradoiro: "Cómo realizar un proxecto de estatística. Exemplos prácticos" |
|
Mª Jesús Casado Barrio (IES Monforte de Lemos) Mª Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística) |
14.00-15.30 | Descanso |
|
|
15.30-17.30 | Obradoiro de Epidat |
|
Gael Naveira Barbeito (Consellería de Sanidade) |
17.30-17.45 | Descanso |
|
|
17.45-18.30 |
Experiencia: "Mestre Landín: as nosas experiencias" |
|
Mª del Puerto Blanco de Santiago |
18.30-19.30 |
Conferencia: "A Estatística nos medios de comunicación" |
|
Carlos Pío del Oro Sáez (USC) |