1.-Noticias

A SGAPEIO patrocina a 8ª edición do congreso BYMAT 
• Información: A SGAPEIO participa como entidade patrocinadora da 8ª edición de Bringing Young 
Mathematicians Together (BYMAT), que se celebrará do 26 ao 29 de outubro de 2026 na 
Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. O encontro está dirixido 
principalmente a persoal investigador novo e a alumnado de doutoramento e mestrado, e 
incluirá relatorios plenarios, comunicacións breves, unha sesión de pósters e diversos 
obradoiros. 
• Bolsas para alumnado de mestrado: Co obxectivo de fomentar a participación da área de 
Estatística e Investigación Operativa, polo menos cinco das bolsas dispoñibles asignaranse a 
alumnado de mestrado desta área, tanto do curso 2025/2026 como do curso 2026/2027. 
o Solicitude das bolsas: Para optar ás axudas será necesario presentar unha comunicación 
breve ou un póster, achegar un breve currículo e o expediente académico. As axudas 
permiten acceder a unha cota reducida de inscrición e, para o alumnado procedente de 
fóra de Santiago de Compostela, poden incluír o aloxamento durante o congreso. Non 
se cobren os gastos de desprazamento. 
• Data importante: Prazo para solicitar as bolsas e para a inscrición anticipada: ata o 20/09/2026. 
• Web: https://sites.google.com/view/8thbymat/home
• Instagram: https://www.instagram.com/bymatconference/
• LinkedIn: https://es.linkedin.com/in/bymat-conference-a44849279/es

Fallados os Premios SEIO-Fundación BBVA 2026 

• Información: O 10 de xullo de 2026 déronse a coñecer os traballos galardoados nos Premios 
SEIO-Fundación BBVA, que recoñecen contribucións metodolóxicas e aplicadas en Estatística e 
Investigación Operativa, así como traballos relevantes para a Ciencia de Datos. 


o Mellor contribución metodolóxica en Estatística: Nonparametric Multiple-Output 
Center-Outward Quantile Regression, de Eustasio del Barrio, Alberto González Sanz e 
Marc Hallin. 
o Mellor contribución metodolóxica en Investigación Operativa: Distributionally robust 
stochastic programs with side information based on trimmings, de Juan Miguel Morales 
González e Adrián Esteban Pérez. 
o Mellor contribución aplicada en Estatística: Integrated depth for trajectories of 
airborne microorganisms to Antarctica, de Lucas Fernandez-Piana, Ana Justel e Marcela 
Svarc. 
o Mellor contribución aplicada en Investigación Operativa: Solving a short sea inventory 
routing problem in the oil industry, de Sergio Cavero, Manuel Laguna e Eduardo García 
Pardo. 
o Mellor contribución desde a Estatística e a Investigación Operativa á Ciencia de Datos: 
Adversarial Machine Learning: Bayesian Perspectives, de David Ríos, Roi Naveiro, Víctor 
Gallego e Jason Poulos. 


• Máis información: https://www.seio.es/infoseio/noticias-14-07-2026/

 

Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)

O obxectivo deste encontro é seguir potenciando as sinerxías entre os membros dos diferentes grupos de traballo da SEIO así como render un tributo á excelente traxectoria académica do Prof. Wenceslao González Manteiga. Como parte do programa, incluirase unha sesión especial de pósters en honor ao profesor González-Manteiga.

o Lugar: Santiago de Compostela

o Datas: 14-17 xullo 2026

 

o Máis información: https://sites.google.com/view/fnpsts/

 

Concurso AVATAR 


• Información: A final do I Concurso AVATAR Galicia celebrouse o pasado 21 de maio na Facultade 
de Matemáticas da USC, e os tres traballos gañadores participaron na fase nacional do concurso 
celebrada en Las Palmas de Gran Canaria do 25 ao 27 de xuño. En cada unha das tres categorías 
do concurso houbo dous gañadores ex aequo. Polo que respecta a Galicia, obtivo un dos dous 
premios da categoría B (3º e 4º da ESO e FP Básica) co traballo “No hay aceite que cien años 
dure” de Diego Barato Bautista, Sara Ramos Costa, Gabriel Gil Rodríguez, Noel Serantes Abal e 
Martín Varela Dacunha, titorizado por Pilar Rodríguez López do centro CPR Divina Pastora 
Franciscanas de Ourense.
• Máis información: https://avatar.seio.es


Informest – Boletín nº 73 


• Información: Esta semana publicouse o boletín nº 73 da SGAPEIO. Esta entrega está composta 
por un artigo de divulgación sobre o sistema electoral, presentado por Alicia Mascareñas, José 
María Alonso e Silvia Lorenzo; unha entrevista do investigador Tomás Cotos a Ana Belén Álvarez, 
profesora no IES As Lagoas (Ourense); unha entrevista a María Álvarez Hernández; resumos do I 
Concurso AVATAR Galicia e II Concurso Nacional AVATAR 2026; e resumo do II Simposio Online 
en Biometría Galaico-Portuguesa; así como outras noticias relevantes no ámbito da Estatística e 
Investigación Operativa. 
• Máis información: https://sgapeio.es/INFORMEST/Informest73.pd

2.- Selección de congresos nacionais e internacionais con convocatoria aberta

  • V Congreso y XVI Jornadas de Usuarios de R 2026 (Tenerife, 25-27 novembro 2026)

o Información: O V Congreso e XVI Jornadas de Usuarios de R 2026 reunirá á comunidade hispanofalante interesada no uso de R, linguaxe de programación de software libre e código abierto, para a análise de datos, a investigación e a innovación. O evento celebrarase do 25 ao 27 de novembro de 2026 en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife), e incluirá ponencias, obradoiros, sesións paralelas e espazos para traballar a rede de contactos e fomentar o intercambio de coñecemento entre profesionais, persoas da academia e alumnado.

o Datas importantes: Envío abstracts: 09/10/2026

 

o Web: https://eventos.ull.es/152998/detail/v-congreso-y-xvi-jornadas-de-usuarios-de-r-2026.html

 

  • Workshop on Statistics and Applications (WSA 2026) (Lisboa, Portugal, 4-5 decembro 2026)

o Información: Celebrada con motivo do 70 aniversario de Wenceslao González Manteiga, esta reunión científica internacional está organizada por ISEG Research, en colaboración co Centro de Matemáticas da Universidade do Minho (CMAT), o Centro de Matemáticas da Universidade do Porto (CMUP), o Centro de Matemáticas da Universidade de Coimbra (CMUC) e o Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMAga). O obradoiro reunirá a destacados investigadores en Estatística e áreas relacionadas para presentar e debater os avances metodolóxicos recentes e as súas aplicacións nunha ampla gama de dominios científicos.

o Datas importantes: Envío abstracts: 27/09/2026

o Web: https://wsa2026.iseg.ulisboa.pt/index.php

 

  • IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Croacia, 15–18 decembro 2026)

o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas, pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia (2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).

o Datas importantes:

• Envío abstracts: pendente de publicación

• Rexistro en primeiro prazo: 15/10/2026
• Rexistro regular: 10/11/2026
• Rexistro tardio: 15/12/2026

 

o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/

 

  • BayesComp 2027 (College Station, Texas, 18-20 maio 2027)

o Información: : O comité científico de BayesComp 2027 mantén aberta a convocatoria para 
propoñer sesións convidadas. O congreso está dedicado aos avances metodolóxicos e 
computacionais na estatística bayesiana. 

o Datas importantes:

•Envío de propostas de sesións convidadas: ata o 15/08/2026.

o Web: https://calendar.tamu.edu/statistics/event/370749-bayes-comp-2027ps://sites.google.com/view/ims-icsds2026/

  • International Conference on Optimization and Data Science in Industrial Engineering (ODSIE 2026) 
    (online, 25-27 novembro 2026) 

o Información:  Organizada en colaboración coa Universidade Istinye de Istambul, a ODSIE 
2026 celebrarase nun formato totalmente virtual e reunirá a académicos, persoas 
investigadoras, docentes, profesionais do sector e estudantado de todo o mundo. A conferencia ten como obxectivo ofrecer unha plataforma para o intercambio de 
coñecementos e experiencias, así como para presentar os últimos avances teóricos e 
prácticos en optimización e ciencia de datos no eido da enxeñaría industrial, abarcando 
tanto a investigación académica como as aplicacións no mundo real.

o Datas importantes:

•Envío o abstracts: 10/08/2026
• Rexistro en primeiro prazo: 22/07/2026

o Web: https://odsie2026.refconf.com/

3.- Cursos 

Máster de Formación Permanente en Ciencia de Datos e Matemática Computacional

o Descrición:  A Universidade de Almería ofrece a segunda edición deste título propio, 
organizado polo Centro de Desarrollo y Transferencia de Investigación Matemática a la 
Empresa (CDTIME). O programa combina matemáticas, estatística, programación científica 
e enxeñaría de datos, cunha orientación aplicada e profesional. 

o  Carga académica: 60 créditos ECTS.
o  Formato: 100 % virtual.
o  Prazo de matrícula: ata o 20/09/2026. 
o  Máis información: http://www2.ual.es/masterdatamat/ 
o  Matrícula: https://fcontinua.ual.es/cursos?id=147736/2

4.- Ofertas de traballo

• Programa TALENTGAL – MSCA Postdoctoral Fellowships (Galicia, España)

o Descrición: TALENTGAL é un programa posdoutoral MSCA-COFUND promovido pola rede CIGUS e financiado pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia. Ofrece 40 contratos posdoutorais para desenvolver proxectos de investigación interdisciplinarios nos centros de excelencia de Galicia, con alto grao de independencia científica e formación en competencias transversais.

o Duración: 30 meses

o Lugar: Galicia (centros CIGUS)

o Datas importantes:

 Prazo de solicitude ata o: 23/07/2026

o Requisitos principais:

 Doutoramento obtido nos últimos 8 anos Regra de mobilidade MSCA (non residir en España máis de 12 meses nos últimos 36 meses)

 Polo menos 2 publicacións revisadas por pares (unha como primeiro/a autor/a ou correspondente)

o Outros: Inclúe estadías en academia, industria ou sector público, formación avanzada e plan de desenvolvemento profesional individualizado

o Máis información: https://talentgal.cigus.gal/

 

• Praza de profesor/a substituto/a no Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de 
Madrid

o Descrición: A Universidade Carlos III de Madrid convoca unha praza de profesor/a 
substituto/a para o primeiro cuadrimestre do curso 2026/2027. A praza, con referencia 
DL017362, corresponde ao Departamento de Estatística e inclúe docencia de Estatística 
I e Estatística II en inglés na Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas.

o Dedicación : Tempo parcial 4+4, de duración estimada anual, con horario de 9:00 a 14:00 
horas.

o Requisito básico: Titulación de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría superior ou 
equivalente. 

o Prazo de solicitude: ata o 27/07/2026 ás 14:00 horas, segundo o horario peninsular 
español. 

o Máis información: 
https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Empleo/es/Detalle/Ficha_C/1371480128853/13712
72207002/CONVOCATORIA_2026_D_DE_DE_2

 

• MSCA Postdoctoral Fellowships 2026 (Marie Skłodowska-Curie Actions)

o Descrición: As bolsas posdoutorais MSCA teñen como obxectivo apoiar a carreira investigadora e fomentar a excelencia científica mediante a mobilidade internacional. Permiten a persoas investigadoras posdoutorais desenvolver proxectos propios en universidades, centros de investigación ou empresas, adquirindo novas competencias e experiencia interdisciplinar e intersectorial.

o Tipos de bolsas:

 European Postdoctoral Fellowships (1–2 anos en Europa)

 Global Postdoctoral Fellowships (2–3 anos: fase internacional + retorno a Europa)

o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 09/09/2026 (17:00 CEST)

 

5.- Convocatorias e premios

 Ampliación do prazo do Programa de Estancias Internacionais BIOSTATNET 2026 


o Descrición: BIOSTATNET amplía o prazo da primeira convocatoria do seu Programa de 
Estancias Internacionais para Persoal Investigador en Formación, destinado a favorecer 
o intercambio de coñecementos e a colaboración entre membros da Rede en etapa de 
formación e membros internacionais de BIOSTATNET. 
o Persoas destinatarias: Persoal investigador predoutoral ou persoas que defendesen a 
súa tese doutoral con posterioridade ao 1 de xuño de 2024, preferentemente menores 
de 35 anos, e que sexan membros da Rede BIOSTATNET. 
o Características: A estancia deberá realizarse nun centro de investigación ou 
universidade estranxeira. A persoa supervisora na institución de acollida deberá formar 
parte de BIOSTATNET e pertencer a un nodo diferente do da persoa solicitante. A Rede 
destinará ata 6.000 euros, que se repartirán entre un máximo de tres estancias, para 
cubrir gastos xustificados de aloxamento, manutención e desprazamento. 
o Duración e período de realización: As estancias terán unha duración mínima de 10 días 
e poderán comezar a partir do 1 de setembro de 2026. Realizaranse preferentemente 
durante 2026 e, excepcionalmente, poderán prolongarse ata o 28 de febreiro de 2027. 
o Solicitude: Débese completar o formulario habilitado por BIOSTATNET e enviar a 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o currículo da persoa solicitante, unha carta de motivación e obxectivos, un orzamento de viabilidade e a carta de invitación do nodo de acollida. No 
asunto indicarase “SOLICITUDE PROGRAMA ESTANCIAS INTERNACIONAIS 
BIOSTATNET”. 
o Data importante: O prazo de presentación de solicitudes foi ampliado ata o 
27/07/2026, inclusive. 
o Resolución: A resolución comunicarase ás persoas solicitantes antes do 31/07/2026. 
o Máis información: https://biostatnet.com/becas-ayuda-y-empleo/programa-deestancias-biostatnet-para-personal-investigador-en-formacion-2025-2026.html

Premio ISI Jan Tinbergen 2027 


o Descrición: O International Statistical Institute convoca o Premio Jan Tinbergen 2027, 
dirixido a persoas estatísticas nacidas en 1995 ou con posterioridade. O tema desta 
edición é Statistical Systems e os traballos deben contribuír ao fortalecemento dos 
sistemas e das capacidades estatísticas en países con infraestruturas estatísticas 
limitadas. 
o Requisitos: Traballo orixinal e inédito, redactado en inglés e cunha extensión de entre 
3 e 7 páxinas. Permítense traballos en coautoría sempre que todas as persoas autoras 
cumpran o requisito de idade. 
o Dotación: 2.500 euros, inscrición gratuíta no ISI World Statistics Congress 2027, apoio 
para o desprazamento e axuda de manutención durante cinco noites. 
o Datas importantes: Prazo de presentación ata o 25/09/2026; resolución o 20/11/2026. 
o Máis información: https://isi-web.org/isi-jan-tinbergen-award-2027

Convocatoria para a dirección da revista STAT 


o Descrición: O International Statistical Institute busca unha nova persoa editora xefa 
para STAT, revista publicada por Wiley e orientada á difusión rápida de investigación de 
alta calidade en estatística e probabilidade. A revista abrangue teoría, novas 
metodoloxías, estatística computacional e investigación aplicada. 
o Data importante: Prazo de presentación de candidaturas: ata o 10/08/2026. 
o Máis información: https://www.seio.es/infoseio/noticias-14-07-2026