Concurso nacional de fotografía matemática dirixido a estudantes do ensino secundario obrigatorio

O proxecto “Marzo, mes das matemáticas”, organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a Rede Estratéxica en Matemáticas (REM), a Real Sociedade Matemática Española (RSME), a Sociedade Española de Matemática Aplicada (SEMA), a Societat Catalá de Matemàtiques (SCM), a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO), a Federación Española de Profesores de Matemáticas (FEPM), as empresas Casio, Fred Olsen e Hotel Jardín Tecina, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española lanzou o 16 de novembro o concurso nacional de fotografía matemática dirixido a ESTUDANTES DO ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO de todo o estado español.
Facemos un chamamento especial ao profesorado para que anime ao seu alumnado para concorrer e beneficiarse deste recurso de aprendizaxe.
Máis información: http://marzomates.webs.ull.es/concurso-de-fotografia/ 
Calquera dúbida poden enviar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates