ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2021
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a IX XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC.
LUGAR E DATA:
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 20 de novembro de 2021
INSCRICIÓN:
A xornada é de balde pero é preciso inscribirse neste formulario. (PECHADO)
Período de inscrición: aberto ata o 17 de novembro de 2021.
Xornada homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recoñecemento 8h.
PROGRAMA:
| 10:00 - 10:15 | Inauguración |
| 10:15 - 11:00 | Experiencia 1: MILAGROS DIÉGUEZ TABOADA. IES do Milladoiro. O Milladoiro (Ames). Titora do grupo gañador do XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na categoría de 1º-2º ESO co traballo “¡Vaia cara!”. |
| 11:00 - 11:45 | Experiencia 2: TRINIDAD PAZOS CELIS e OLGA SIMÓN CRUZ. IES Cacheiras.Teo. Titoras do grupo gañador do XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na categoría de Bacharelato e Ciclos formativos co traballo “(A)Politicamente coherentes”. |
| 11:45 - 12:15 | Café |
| 12:15 - 12:30 | Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos 2022. COVADONGA RODRÍGUEZ-MOLDES. Vogal de Sgapeio. |
| 12:30 - 14:00 |
Mesa Redonda: Experimentos ou enquisas?. Modera PAULA BLANCO MOSQUERA. IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela. Participan:
|
| 14:00 - 16:00 | Xantar |
| 16:00 - 16:45 | Conferencia plenaria. A la Fase Nacional…. por lo que vale. ANTONIA JOSEFINA SALAS RIESGO. Universidad de Oviedo. |
| 16:45 - 18:45 | Curso: Como extraer información da web do IGE. NOA VEIGUELA FERNÁNDEZ. Instituto Galego de Estatística. |
| 18:45-19:00 | Descanso |
| 19:00 - 19:45 |
Experiencia 3: Presentación detraballos finalistasdo XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
|
| 19:45 - 20:00 | Clausura |




