ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2022
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a X XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC.
LUGAR E DATA:
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 5 de novembro de 2022
INSCRICIÓN:
A xornada é de balde pero é preciso inscribirse neste formulario.
Período de inscrición: aberto ata o 3 de novembro de 2022.
Xornada homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recoñecemento 8h.
PROGRAMA:
10:00 - 10:15 | Inauguración |
10:15 - 11:00 | Experiencia 1: MARÍA ÁNGEL MARTÍNEZ RODRÍGUEZ. IES Agra do Orzán. A Coruña. Titora do grupo gañador do XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos nas fases galega e nacional, na categoría de Bacharelato, co traballo “Onde caben dous caben cinco”. |
11:00 - 11:45 | Experiencia 2: ADELA ROSA RODRIGUEZ RODRÍGUEZ. IES República Oriental de Uruguai. Vigo. Titora do grupo gañador do XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na categoría de 3º-4º de ESO e FP Básica co traballo “Estudo da relación entre os casos de covid-19 e a contaminación do aire nas ciudades de Vigo e Valladolid”. |
11:45 - 12:15 | Café |
12:15 - 13:45 | Mesa Redonda: Os proxectos estatísticos e a LOMLOE. Modera PAULA BLANCO MOSQUERA. IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela. Participan:
|
13:45 - 14:00 | Informacións varias |
14:00 - 16:00 | Xantar |
16:00 - 17:00 | Conferencia plenaria: A transversalidade da Estatística e da Investigación de Operacións. MARÍA JOSÉ GINZO VILLAMAYOR. Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (Universidade de Santiago de Compostela) |
17:00 - 17:45 | Experiencia 3: MANUEL CABALEIRO CALVEIRO. Colegio San José de Cluny (Santiago de Compostela). Titor do grupo gañador do XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos nas fases galega e nacional, na categoría de 1º-2º ESO, co traballo: “XACOMAT 2022”. |
17:45-18:00 | Descanso |
18:00 - 19:45 | Charla coloquio: O rigor nos proxectos estatísticos. A cargo de: TRINIDAD PAZOS CELIS e OLGA SIMÓN CRUZ. IES Cacheiras . Teo. |
19:45 - 20:00 | Clausura |