Control estatístico da calidade con R

Ata o 25 de abril está aberta a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Control Estatístico de Calidade con R”. O curso, totalmente non presencial, comeza o 1 de maio de 2018 e durará un mes, cunha dedicación media aproximada dunha hora diaria, e está dirixido a enxeñeiros, profesionais do control de calidade, estatísticos, e persoas interesadas no programa R ou no control de calidade. Importe da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros).

O programa estatístico “ R” é completamente gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada con R Project, e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades; actualmente R é o programa estatístico máis potente e versatil, con moita diferenza sobre calquera outro. As técnicas de control de calidade utilizan xeralmente gráficos, e R é tamén o programa estatístico con maior potencia de gráficos. Este curso inclúe unha breve introdución ao programa R (instalación e primeiros pasos) e as técnicas estatísticas de control de calidade máis utilizadas (Metodoloxía 6 Sigma. Diagramas de Ishikawa e de Pareto. Mostraxe de aceptación. Deseño de plans de mostraxe simples e complexos. O erro de medida, MSA tipo I e tipo II. Índices de capacidade de proceso. Gráficos de control de Shewhart. CUSUM. EWMA. Experimentos factoriales. Deseños de mesturas. Deseños Taguchi), con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é imprescindible ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.

O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. Este sistema de teledocencia, que non interfere coa actividade laboral ou profesional, está a demostrar ser moito máis eficaz que os cursos presenciais tradicionais.

Nota: Aplicarase aos socios de SGAPEIO na matrícula o mesmo desconto de parados/estudantes (só terán que indicar esa condición e pagar a taxa reducida). 

Máis información e inscrición en:
https:// bubela. uvigo.es/curso/3239

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates