Curso non presencial estatística con R para investigadores

Está aberta ata o 25 de setembro a inscrición na oitava edición do Curso de Formación da Universidade de Vigo Estatística con " R" para Investigadores, de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo ( Faitic) do 1 ao 31 de outubro de 2018.

O curso utiliza o programa estatístico "R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico. O curso pretende ensinar a utilizar " R" para o tratamento estatístico avanzado de datos a todos aqueles investigadores (doctorandos, profesores, técnicos, etc.) que puidesen necesitalo.

Para os alumnos da Universidade de Vigo este curso equivale a 2 créditos de libre elección.

Inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análises multivariante máis utilizadas na investigación científica, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

Os membros de Sgapeio teñen matrícula reducida

O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes, parados, 90 euros).

Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc) na web da Universidade de Vigo:
https:// bubela. uvigo.es/curso/3329

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates