ÚLTIMAS NOVAS
- XLIX Coloquio Argentino de Estadística (CAE) e VII Jornada de Educación en Estadística “Martha Aliaga” (JEE)
- Número 61 de INFORMEST
- Ingrid Van Keilegom doutora Honoris Causa da Universidade da Coruña
- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow
- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"
Acceso socios
Conference of European Statistics Stakeholders (CESS) 2022
Comprácenos anunciar a primeira convocatoria de resumos da "Conference of European Statistics Stakeholders (CESS) 2022", que se celebrará no Departamento de Ciencias Estatísticas da Universidade de Roma "A Sapienza" (Italia) os días 20 e 21 de outubro de 2022.
O obxectivo do Congreso é mellorar o diálogo entre tecnólogos, produtores e usuarios das estatísticas europeas. O Congreso será presencial, pero permitirase a asistencia a distancia (preferiblemente non para os relatores). Non se esixirá ningunha cota de inscrición, pero a inscrición é obrigatoria para todos os participantes (asistencia limitada, por orde de chegada e preferencia para os relatores).
Para presentar un relatorio no CESS, é necesario enviar un resumo tras crear unha conta en Indico. O resumo debe ter unha extensión máxima de 1 páxina, e o autor debe seleccionar polo menos una das áreas temáticas da Conferencia (véxase o final desta mensaxe). A data límite para o envío de resumos é o 30 de abril de 2022.
Todos os participantes no CESS 2022 terán tamén a oportunidade de presentar o seu traballo completo para a súa publicación en unha das seguintes revistas:
- Springer-Nature Series Studies in Theoretical and Applied Statistics. Conterá traballos seleccionados de interese metodolóxico e aplicado do Congreso CESS 2022.
- ECB Statistics Paper Series. Conterá unha selección de artigos de interese para os bancos centrais procedentes do CESS 2022.
- Número especial de Springer do International Journal ADAC. Conterá artigos seleccionados sobre novas metodoloxías que interconectan a aprendizaxe estatística, a ciencia dos datos e a intelixencia artificial para obter estatísticas de alta calidade e oportunas.
A data límite para o envío de traballos completos é o 15 de novembro de 2022.
O programa preliminar anunciarase antes do 30 de xuño de 2022. O programa definitivo comunicarase antes do 1 de outubro de 2022. Para máis información e actualizacións, visite a páxina web do congreso:
https://cess2022.dss.uniroma1.it/event/3/
ou póñase en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
INSCRICIÓN
- 30 de abril de 2022: data límite de inscrición anticipada
- 15 de xuño de 2022: data límite de inscrición estándar
- 1 de outubro de 2022: data límite de inscrición tardía
PRESENTACIÓN DE RESUMOS
- 30 de abril de 2022: data límite para o envío de resumos individuais
- 31 de maio de 2022: notificación aos autores