IV Xornada Software Libre Científico

É un pracer poder convidarte a participar na IV edición da Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 31 de marzo de 2022, no Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC.

O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso científico, e coñecer ferramentas que poidan axudarnos nas actividades de investigación e desenvolvemento.

A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e conta co apoio da AMTEGA e a colaboración da ETSE.

O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón:

https://xornada.melisa.gal/#formulario

2022  SGAPEIO   globbers joomla templates