Máster en Técnicas Estatísticas

O Máster en Técnicas Estatísticas é un máster interuniversitario organizado polas tres Universidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela (universidade coordinadora). Ademais, participan profesores invitados de recoñecido prestixio de universidades nacionais e estranxeiras.

A duración do mesmo é dun ano e medio. Para obter o título de máster débense completar 90 créditos (en xeral, 60 o primeiro ano e 30 o segundo). A modalidade de ensino é presencial e os cursos séguense por videoconferencia.

O Máster divídese en tres cuadrimestres:

- Primeiro cuadrimestre: Fundamentos de Estatística e Investigación Operativa.

- Segundo cuadrimestre: Materias avanzadas.

- Terceiro cuadrimestre: Materias especializadas e Traballo Fin de Máster (traballo relacionado coa abordaxe e proposta de solución dun problema práctico, ou co inicio á investigación). Existe a posibilidade de realizar o Traballo Fin de Máster a través de prácticas en empresas.

Obxectivos:

- Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.

- Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.

- Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.

O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.

O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:

-          Empresas do sector financeiro.

-          Empresas do ámbito da  saúde.

-          Administracións públicas.

-          Empresas de investigación social.

-          Laboratorios de investigación e desenvolvemento.

-          En moitas outras actividades profesionais.

Contacto:

Hai un coordinador por cada universidade.

-          Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

-          Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

-          Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Sitio da web: http://eio.usc.es/pub/mte


O Máster en Técnicas Estatísticas é un máster interuniversitario organizado polas tres Universidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela (universidade coordinadora). Ademais, participan profesores invitados de recoñecido prestixio de universidades nacionais e estranxeiras.

A duración do mesmo é dun ano e medio. Para obter o título de máster débense completar 90 créditos (en xeral, 60 o primeiro ano e 30 o segundo). A modalidade de ensino é presencial e os cursos séguense por videoconferencia.

O Máster divídese en tres cuadrimestres:

-          Primeiro cuadrimestre: Fundamentos de Estatística e Investigación Operativa.

-          Segundo cuadrimestre: Materias avanzadas.

-          Terceiro cuadrimestre: Materias especializadas e Traballo Fin de Máster (traballo relacionado coa abordaxe e proposta de solución dun problema práctico, ou co inicio á investigación). Existe a posibilidade de realizar o Traballo Fin de Máster a través de prácticas en empresas.

Obxectivos:

  1. Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.
  2. Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.
  3. Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.

O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.

O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:

-          Empresas do sector financeiro.

-          Empresas do ámbito da  saúde.

-          Administracións públicas.

-          Empresas de investigación social.

-          Laboratorios de investigación e desenvolvemento.

-          En moitas outras actividades profesionais.

Contacto:

Hai un coordinador por cada universidade.

-          Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

-          Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

-          Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Sitio da web: http://eio.usc.es/pub/mte

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates