Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2016

A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2016, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.

Convócanse dous premios:

- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.

- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.

Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.

En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2015, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas e terán unha extensión máxima de 75 páxinas, escritas por unha soa cara, incluíndo figuras e táboas.

O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 30 de Xuño de 2016.

Máis información: Convocatoria2016

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates