SEA - Concurso Student de Estatística Aplicada

O Servei d'Estatística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona ten o pracer de anunciar a próxima edición do XVI Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.

Mediante este concurso, o Servei d'Estatística Aplicada conxuntamente co Institut d'Estatística de Catalunya queren potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das diferentes universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral.

Os aspirantes deberán afrontar a análise dun conxunto de datos, enmarcado nun problema real, para o cal terán que propoñer unha solución. A base de datos así como o contido do traballo deberán ser inéditos e de temática libre.

Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grao ou de máster que estean matriculados este curso académico 2017-18 en calquera universidade do Estado Español.

Outorgaranse tres premios:

  • Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €
  • Premio SEXA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €
  • Premio Almirall ao mellor traballo en bioestadística: dotación económica de 500 €
  • Todos os gañadores terán durante un ano a cota gratuíta de socio/á a Societat Catalá d'Estatística

Data límite para enviar os traballos: 10 de Setembro de 2018

Entrega de premios: Dia de l'Estatística a Catalunya (5 de outubro de 2018).

Todos os os detalles: ligazón

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates