LV Olimpíada Matemática Española

21 de marzo de 2019 – 24 de marzo de 2019
Ourense, España

Descrición: As Olimpíadas Matemáticas son concursos para estudantes novos cuxo obxectivo primordial é estimular o estudo das Matemáticas e o desenvolvemento de novos talentos nesta Ciencia. A Olimpíada Matemática Española organízaa anualmente a Real Sociedad Matemática Española e desenvólvese en dúas fases:

  • Fase Local, Fase de Distrito ou Fase Autonómica. Celébrase ao final do primeiro trimestre en cada Comunidade Autónoma ou Distrito Universitario; consta de dúas probas escritas nas que se resolverán un total de seis problemas. Nela participan estudantes de secundaria que se presentan voluntariamente sen ningún requisito previo.
  • Fase Nacional. Nesta fase, ou concurso final, participa unha selección das mellores puntuacións das Fases Autonómicas e consta de dúas probas escritas de tres horas e media de duración cada unha, no transcurso das cales han de enfrontarse a un total de seis problemas propostos por un tribunal. Este ano, a OME chega á súa quincuaxésimo quinta edición e a Fase Nacional viaxa a Galicia por segunda vez (a primeira foi a Santiago de Compostela, en 2005). Grazas á inestimable colaboración da Deputación Provincial, Ourense acollerá a participantes e acompañantes durante os días 21 ao 24 de marzo de 2019.
  • Olimpíadas Internacionais. As seis mellores puntuacións na Fase Final serán premiadas con medalla de ouro e darán dereito a participar na 60th International Mathematical Olympiad, que terá lugar en Bath (Reino Unido) en xullo de 2019. Unha selección de catro participantes participarán posteriormente na XXXIV Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Guanajuato (México) en setembro de 2019.

Máis información: http://www.usc.es/olympia/ourense/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates