A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca as súas Medallas de Investigación 2025, destinadas a recoñecer o liderado e a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo que desenvolvan o seu labor investigador en centros de Galicia. Concederanse cinco medallas, unha por cada unha das seccións da RAGC:
- Medalla “Ángeles Alvariño González”, no ámbito da Bioloxía e Ciencias da Saúde.
- Medalla “Isidro Parga Pondal”, no ámbito das Ciencias Técnicas.
- Medalla “Antonio Casares Rodríguez”, no ámbito da Química e Xeoloxía.
- Medalla “Domingo García-Sabell Rivas”, no ámbito das Ciencias Económicas e Sociais.
- Medalla “Enrique Vidal Abascal”, no ámbito das Matemáticas, Física e Ciencias da Computación.
As propostas poden ser presentadas por:
- Dez ou máis profesores/as ou investigadores/as do ámbito correspondente.
- Departamentos ou institutos de investigación.
- Centros de investigación de Galicia.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 12 de setembro de 2025. As propostas deben enviarse por correo electrónico a
Máis información: https://www.ragc.gal/gl/medallas-de-investigacion-2/

