6ª edición dos Premios Educaweb

Está aberta a convocatoria da 6ª edición dos Premios Educaweb de Orientación Académica e Profesional. Poderán presentarse a este certame profesionais individualmente (orientadores profesionais, titores, profesores, mestres, pedagogos, psicopedagogos, psicólogos, etc.) ou ben, institucións, centros educativos e organizacións que desenvolvesen ou estean a desenvolver un proxecto de orientación académica e/ou profesional. Os proxectos organizaranse en función de tres categorías:

-         Categoría A: Proxectos de institucións, organizacións ou centros educativos que se estean realizando durante o curso 2012/2013 ou cursos anteriores.

-         Categoría B: Proxectos presentados por profesionais individualmente que se estean realizando durante o curso 2012/2013 ou cursos anteriores.

-         Categoría C: Proxectos elaborados por orientadores e profesionais da educación menores de 35 anos e que aínda non se aplicasen.

A principal novidade para esta edición é que os gañadores da categoría C poderán gozar dun viaxe a un país europeo para coñecer unha organización dedicada á orientación.

Bases: Premios Educaweb

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates