ÚLTIMAS NOVAS
- XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Segunda circular
- FASE NACIONAL | XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Gañadores XV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Finalistas e mencións do XV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
Acceso socios
Outros premios
II Olimpíada Estatística
O Instituto Nacional de Estadística (INE), a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) convocan a Segunda Olimpíada Estatística para estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de grao medio. A participación neste concurso realízase por medio de equipos dun máximo de tres alumnos dirixidos por un profesor. Datas importantes:
- 8 a 29 de xaneiro (ambos inclusive): inscrición dos equipos.
- 3 a 14 de febreiro (ambos inclusive): realización das probas da primeira fase.
- 18 de febreiro: publicación e comunicación dos resultados da primeira fase.
- 19 de febreiro a 7 de marzo (ambos inclusive): realización do traballo da segunda fase.
- 31 de marzo: publicación dos equipos gañadores.
Máis información: Olimpiada2014