ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Recreo Estatístico
Os barcos na ría
Mira Gael, dende a miña fiestra vexo pasar os barcos por aquel punto da ría, e teño comprobado que a probabilidade de que vexa algún barco alí nun tempo de dez minutos é 0,7.
Que sorte ter estas vistas, Iria. Eu vou estar cinco minutos, así que a probabilidade de que vexa algún barco alí vai ser 0,35 nada máis.
Paréceme lóxico o teu razoamento, na metade de tempo a probabilidade sería a metade, pero ¿Se estiveras o doble, vinte minutos, sería unha probabilidade de 1,4? Paréceme que a conta non debe estar ben.
¿Podes axudar a Iria e Gael a facer o cálculo?
(o paso dos barcos é aleatorio, independente, e uniforme no tempo)