Mira Iria, hoxe, no xantar familiar, temos un roscón con premio sorpresa dentro, e os avós dixéronme que a sorpresa vai ser para nós. O roscón vai ser dividido en n partes iguais, aínda non sei cantas. Eu vou escoller unha, e se non está aí a sorpresa escolles ti, e seguimos así, un cada vez, ata que apareza. A probabilidade de que me toque a min á primeira é 1/n, e a de que che toque a ti, como queda un trozo menos, é 1/(n-1), maior que a miña; en cada escolla sucesiva ti terás sempre unha probabilidade maior que a miña, xa que o número de partes vai diminuíndo. Eu deixo que ti vaias de segunda, aínda que sei que teño unha menor probabilidade de gañar.
Paréceme ben, Gael, pero vouche poñer un reto adicional sinxelo no caso de que atopes ti a sorpresa: Ves este boli? Ten 7 caras, a sección do boli é un polígono regular con 7 lados. Se acertas a calcular a probabilidade de que cando o faga rodar enriba da mesa quede para arriba a cara onde está impresa a marca do boli, quedarás ti coa sorpresa, pero se non acertas no cálculo, a sorpresa é miña.
Vale Iria. Xa che adianto que vou dicir 1/7 como resposta ó teu desafío.
Son correctos os razoamentos probabilísticos?

