ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Programa de verán de 6 semanas na Universidade de Oxford para estudantes de matemáticas de 16 anos ou máis. Convocatoria de solicitudes para PROMYS Europe 2018
Descrición: PROMYS Europe, un desafiante programa de verán de seis semanas na Universidade de Oxford, está buscando estudantes pre-universitarios de toda Europa que mostren unha preparación especial para traballar profundamente no eido xeral das matemáticas. PROMYS Europe está deseñado para fomentar alumnos matemáticos ambiciosos, que teñan polo menos 16 anos, para explorar o mundo creativo das matemáticas. Os participantes abordan cuestións matemáticas fundamentais dentro dunha comunidade estimulante e solidaria de compañeiros estudantes, titores de pregrao, investigadores, profesores e matemáticos visitantes. Os estudantes do primeiro ano céntranse principalmente nunha serie de problemas desafiantes, conferencias diarias e proxectos de exploración na teoría dos números. Haberá tamén un programa de charlas de matemáticos invitados e titores, sobre unha gran variedade de temas matemáticos, así como cursos destinados principalmente a estudantes que regresan a PROMYS Europe por segunda ou terceira vez. O conxunto de problemas a abordar está dispoñible no sitio web PROMYS Europe.
Organizador: PROMYS Europe é unha asociación da Wadham College e do Instituto de Matemáticas da Universidade de Oxford, o Instituto de Matemáticas Clay e PROMYS (Programa de Matemáticas para Científicos Xoves, fundado en Boston en 1989).
Financiación: O programa está adicado ao principio de que ninguén debería non poder asistir por motivos económicos. A maior parte do custo está cuberto pola colaboración e por xenerosas donacións de seguidores. Ademais, está dispoñible unha axuda financeira completa e parcial baseada nas necesidades, que pode cubrir os custos da taxa e os gastos de viaxe, xa sexa en parte ou de forma completa.
Prazo: O prazo para as solicitudes de estudantes de primeiro ano é o 18 de marzo.
Datas: Do 15 de xullo ao 25 de agosto.
Localización: Universidade de Oxford.
Sitio web:https://www.promys-europe.org/