ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Asemblea Xeral da SGAPEIO 2018
Convócase reunión da Asemblea Xeral da Sociedade para o vindeiro día 13 de abril de 2018, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral do 28/10/2017.
2.- Informes varios.
- Estado do número de socios.
- Outros informes.
3. Actividades previstas en 2018.
- VIII Concurso de "Incubadora de Sondaxes e Experimentos". Fase Local
- III Encontro Galaico-Portugués de Biometría (EBio2018), Aveiro, xuño 2018.
- Xornada de Formación a Profesores de Ensino Secundario en colaboración con AGAPEMA, Santiago de Compostela, novembro 2018.
- XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa, Vigo 2019.
- Outras actividades.
4.- Balance do ano 2017 e orzamento do ano 2018.
5.- Rogos e preguntas.