XIII Foro de Interacción Matemática Industria

O próximo 8 de xuño de 2018 terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o XIII Foro de Interacción Matemática Industria.
Esta proposta anual, que vai pola súa décimo terceira edición, é unha iniciativa dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas, que consolidan o seu labor de transferencia de tecnoloxía á industria e ao sector produtivo a través de ITMATI. O programa actualizarase proximamente na web do Foro: XIII FORO DE INTERACCIÓN MATEMÁTICA INDUSTRIA (pique aquí)
Nesta edición confirmaron a súa participación polo momento as seguintes entidades:

  • Biomasaforestal
  • Conexiona
  • Coren
  • Everis
  • situm

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Colaboran con este XIII Foro a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través da Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) e do convenio que ITMATI ten con esta Consellería.
Máis información: XIII FORO DE INTERACCIÓN MATEMÁTICA INDUSTRIA

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates