ÚLTIMAS NOVAS
- 11ª Edición do Curso e Seminario Aberto sobre Análise de Datos Composicionais
- Segunda Convocatoria de axudas “Doctorados Industriales” 2024
- Convocatorias de Investigación con prazo de solicitude aberto
- Prazas para o corpo de Diplomados en Estatística
- Praza de profesor axudante doutor na Universidad de Valladolid
Acceso socios
Ferramentas web para visualización e predición na crise do coronavirus desenvolvidas na UDC e na USC
Seguidamente se mostran unha serie de aplicacións web para describir, resumir, visualizar e predecir as variables críticas que caracterizan á situación provocada pola actual crise do coronavirus.
- O grupo MODESTYA da Universidade de Santiago de Compostela ven de desenvolver unha aplicación web interactiva que prognostica o avance do virus baseándose nos datos da súa evolución durante a quincena previa, facendo predicións do número de casos confirmados de infección ou número de mortes debidas ao COVID-19 para un horizonte temporal de tres días conforme a tres posibles modelos, lineal (FLM), aditivo (FSAM) e non paramétrico (FNP), e para diferentes países ou rexións.
Enlace: http://modestya.securized.net/covid19prediction/.
- No marco do CITIC da Universidade da Coruña se creou unha completa aplicación web para a caracterización y visualización das variables que definen a crise do coronavirus no conxunto de España e en cada unha das súas CCAA. Os desenvolvedores son Carlos Fernández Lozano e Rubén Fernández Casal, do grupo MODES. As variables estudadas son número de casos, número de recuperados, número de falecementos, número de ingresos en UCI e incidencia acumulada, aportando gráficos interactivos para observar a tendencia acumulada, a dos novos casos e a correspondente á aplicación de logaritmos. A información se resume mediante gráficos de mapas e series de tempo totalmente configurables no rango temporal, por comunidade autónoma e por edade. Esta aplicación proporciona soporte ao plan de Predicción Cooperativa da Acción Matemática contra o coronavirus lanzada desde o CEMat.
Enlace: https://covid19.citic.udc.es/