Hoxe día 17 de xullo do 2020 os gañadores da décima edición do concurso se reúniron na facultade de Matemáticas cos membros do xurado para recibir os seus parabéns e os agasallos.

Os gañadores da décima edición do concurso “Incubadora de Sondaxes e Experimentos” que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa na categoría de 1º e 2º de ESO son alumnos do IES Pontepedriña (Santiago de Compostela); na categoría de 3º e 4º de ESO e FP Básica alumnos do IES Cacheiras (Teo); e na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio unha alumna do IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela). A entrega de premios tivo lugar o día 17 de xullo ás 10.00 horas na Facultade compostelá de Matemáticas, e agárdase se é posible ter un acto formal durante o outono.  

Foto: os gañadores, os seus titores, pais/nais, membros do xurado e da organización e a decana da Facultade de Matemáticas. 

O xurado do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos estivo composto por:

Presidenta: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. SGAPEIO

Secretario: Javier Tarrío Saavedra. SGAPEIO
 
Vocais:
- Indalecio Cabana Leira. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Balbina V. Casas Méndez. Universidade de Santiago de Compostela - Representante do Instituto de Matemáticas USC
- Laura Calaza Díaz. CFR Lugo- Sección Burela
- Raúl Jácome Rodríguez. Instituto Galego de Estatística
 

Foto: Membros do xurado: de esqueda a dereita Javier Tarrío, Laura Calaza, Indalecio Cabana, Raúl Jácome e Balbina Casas.

O xurado quixo destacar a calidade de todos os traballos presentados e recoñecer o esforzo realizado por todo o alumnado e o profesorado en desenvolver estes proxectos nunha situación de emerxencia sanitaria como a que vivimos neste 2020.

Dende a organización do concurso se agarda poder celebrar un acto similar ao dos anos anteriores no outono na medida do posible.