ÚLTIMAS NOVAS
- Seminario RSME
- XI Concurso Incubadora de Sondaxes E Experimentos - Ampliación Prazo de Inscrición
- XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos - Aberto prazo de inscrición
- IES Agra do Orzán de 3º e 4° da ESO na Gymkana Florence Nightingale
- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Segunda Circular
Acceso socios
Oferta dun contrato predoutoral para a formación de doutores
O Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO) asignou un contrato predoutoral para a formación de doutores ao proxecto de investigación: “Inferencia estatística complexa e de alta dimensión: en genómica, neurociencia, oncoloxía, materiais complexos, malherboloxía, medio ambiente, enerxía e aplicacións industriais (MTM2014-52876-R)”.
O obxectivo deste contrato é a realización da Tese Doutoral asociada ao proxecto de investigación antes citado. Máis concretamente preténdese que quen obteña este contrato poida realizar a súa Tese Doutoral no ámbito da inferencia estatística non paramétrica e semiparamétrica con datos complexos e/ou de alta dimensión. Entre os posibles campos nos que se enmarcaría a tese está a análise de datos funcionais, a análise de supervivencia, as series temporais, a mostraxe en poboacións finitas, a estatística espacial, así como aplicacións destes campos en xenómica, neurociencia, oncoloxía, ciencia dos materiais, malherboloxía, medio ambiente, enerxía e na industria. Dita tese realizarase dentro do grupo de investigación de Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña.
Máis información: Convocatoria