A Universidade de Vigo oferta unha praza de Bioestatístico no grupo do Dr. José Tubio, un equipo de investigación internacional recentemente establecido na Universidade de Vigo. O traballo consiste en dar soporte bioestatístico ao grupo de investigación.
Termos e condicións:
- Lugar: Estación Marítima de Toralla (ECIMAT) e Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo.
- Duración: 1 ano, prorrogable.
- Salario: 15.000 a 32.000 €, dependendo da experiencia.
Perfil do candidato:
- Grao e/ou Master en Matemáticas, Física, Bioestatística, ou outra disciplina científica relacionada, con experiencia en Bioestatística.
- Coñecementos xerais sobre programación en polo menos unha das seguintes linguaxes: R, Perl, Python, C++.
- Análise de datos e modelos estatísticos.
Traballo en equipo e excelentes habilidades comunicativas.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de decembro de 2016.
Máis información: Convocatoria

