O perfil dos candidatos é o dun graduado, licenciado ou enxeñeiro con sólida formación en matemáticas e estatística, que finalizase ou estea a finalizar un máster.
É necesario que estea en condicións de matricularse nun programa de doutoramento durante o ano 2018.
Os seleccionados poderán ser contratados con cargo a algún dos proxectos de investigación vixentes no grupo MODES. Recentemente foron concedidos ao grupo MODES dous contratos FPI asociados a proxectos de investigación. Ademais, poderán solicitar, conxuntamente co grupo MODES, unha axuda para a formación de profesorado universitario (FPU) , dos subprogramas de Formación e de Mobilidade incluídos no Programa Estatal de Promoción do Talento e o seu Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.
Os candidatos que desexen incorporarse ao programa de doutoramento no curso 2017-2018 deben enviar a súa expresión de interese o máis axiña posible e non máis tarde do 22 de febreiro. Se hai candidatos interesados e que non poden incorporarse ata o curso 2018-2019, poden enviar as súas expresión de interese ata o 15 de xullo.
Máis información: aquí e en

