Infórmase da apertura da convocatoria para un Contrato de Técnico de Valorización de Software desde o Grupo de Investigación SiDOR ( Statistical Inference, Decision and Operations Research), no marco da súa actividade na Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (TMATI), cofinanciado a través das axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (convocatoria 2016).
Características do posto ofertado:
- Duración: 6 meses.
- Inicio previsto de contrato: 9 de marzo de 2018.
- Salario: 1.722,31€ brutos/mes.
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas- Marcosende (Vigo).
Presentación de candidaturas:
- Mediante correo electrónico dirixido a
- Documentación: carta de presentación, expediente académico, CV e documentación acreditativa dous méritos recollidos nel.
- Prazo de presentación de candidaturas: ata as 14:00 horas do 19 de febreiro de 2018.
Máis información dispoñible na web de SiDOR.
Técnico de Valorización de Software
- Detalles
- Categoría: Emprego e bolsas

