ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Contrato de postdoutoramento na Universidade de Navarra
Descrición: A Universidade Pública de Navarra oferta contratos de postdoutoramento dentro da convocatoria 2019 de axudas para a Captación de Talento adscritas aos Institutos de Investigación. Estas axudas teñen como finalidade reforzar e consolidar a actividade investigadora dos Institutos de Investigación Están dirixidas a investigadores con experiencia de postdoutoramento acreditada de, polo menos, dous anos.
En concreto ofértanse dúas axudas de postdoutoramento adscritas ao Instituto INAMAT (www.unavarra.es/inamat) aliñadas coas tres principais liñas de investigación do Instituto:
- Materiais intelixentes e recubrimientos funcionais.
- Aplicacións de nanotecnoloxía e caracterización de materiais.
- Ciencia de datos e modelado matemático
Condicións:
- A duración dos contratos será de dous anos.
- A dotación do contrato será de 31.200 euros brutos anuais que corresponden a 12 mensualidades de 2.600 euros brutos (desta dotación mensual deducirase a cota de cotización obrigatoria). Ademais proporcionarase unha bolsa económica máxima de 7.350 euros para o financiamento de viaxes a conferencias/congresos de investigación que teñan como fin a divulgación das súas actividades e compra de material inventariable e funxible.
Contacto: Lola Ugarte, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..