ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Contrato no proxecto “ Modelización e Optimización de redes de transporte de Gas”
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
RESPONSABLE: Prof. Dr. Alfredo Bermúdez de Castro e Prof. Dr. Anxo González Rueda. PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster.
- Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar).
- Coñecemento e experiencia previa en técnicas de programación matemática e optimización: en particular, programación lineal e enteira, programación non lineal e programación estocástica.
- Coñecemento e experiencia previa na modelización e optimización de redes de transporte de gas.
- Coñecemento de linguaxes de programación: en particular, Python e FORTRAN.
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
- Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
- Linguaxes de modelado algebraico de problemas de optimización: en particular, AMPL e Pyomo.
- Experiencia na modelización de problemas de programación lineal en Python utilizando APIs de solvers lineais ( Gurobi, Cplex, Google OR- Tools, ...).
- Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de simulación e optimización matemática.
- Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).
Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 15 de abril de 2019 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster, Doutoramento; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-07/2019. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-072019un-contrato-como-investigadora-para-proyecto-%E2%80%9Cmodelizaci%C3%B3n-y-optimi