ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
4 prazas de axudante doutor/a na Universidad Carlos III de Madrid
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid (uc3m) convoca CATRO PRAZAS de Profesor/a Axudante Doutor/a, con data de incorporación en setembro de 2025.
Os requisitos son:
- Doutoramento en estatística ou áreas relacionadas.
- Excelente dominio do inglés (oral e escrito, xa que se espera que os/as candidatos/as poidan impartir clases en inglés, tanto a nivel de grao como de posgrao).
As características básicas do posto son:
- Contrato de duración de 6 anos.
- Salario bruto base de 26.000 euros anuais (complementado pola Universidade, aquí podes obter máis detalles)
As persoas solicitantes que non sexan cidadáns europeos deben dispoñer da documentación válida para poder formalizar un contrato de traballo en España antes do comezo.
O prazo de solicitude remata o 14 de maio de 2025 ás 14:00 horas.
As solicitudes deben presentarse a través da seguinte ligazón: https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Empleo/es/Detalle/Ficha_C/1371434614731/1371272207002/Profesorado_Ayudante_Doctor_-_CONVOCATORIA_2025_D_DE_TD_2


