ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
As Bolsas Leonardo 2025 da Fundación BBVA están destinadas a apoiar o traballo de investigadores e creadores culturais de entre 30 e 45 anos que se atopen nun estadio intermedio das súas traxectorias profesionais. As bolsas están abertas a diversas áreas do coñecemento, incluíndo matemáticas, TIC, enxeñaría, ciencias sociais ou biomedicina, entre outras. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 2025 ás 14:00 h.
Máis información: https://www.redleonardo.es/informacion-bases-becas-red-leonardo/?cid=eml::eip:00049481-leonardo_2025_mailing--:-comun-::bases::::::esp::


