Convocatoria dun contrato de traballo con cargo a un contrato ART 83 L.O.U xestionado pola Fundación Universidade da Coruña
Título do proxecto: TECNOLOXÍAS INTELIXENTES PARA A ANÁLISE DE COMPORTAMENTOS DOS USARIOS NO ACCESO E CONSUMO DE CONTIDOS DIXITAIS EN MULTIPLATAFORMAS
Centro de traballo: Facultade de Informática da UDC
Obxecto do traballo: colaborar nas tarefas de investigación para o
desenvolvemento do proxecto
Tarefas a realizar: Baixo o asesoramento e coa colaboración de membros do equipo de investigación: (i) Implementación e integración nun único prototipo de diferentes técnicas de tratamento e modelización estatística de datos, (ii) refinamento e avaliación do prototipo sobre a base de datos empregada no proxecto.
Duración: 12 meses (prorrogable por outros 12 meses)
Data de inicio: 24/4/2012
Restribucións brutas mensuais: 1.377,50€/mes brutos incluídas pagas
extras
Requisitos dos candidatos e criterios de selección:
- Titulación: Titulación universitaria superior.
- Experiencia: Valorarase a experiencia previa en tarefas de programación (especialmente con R) e no tratamento estatístico de datos e modelización estatística .
- Outros Requisitos: Dentro da titulación acreditada, valorarase preferentemente a especialidade de Estatística e Investigación Operativa, así como o título de Máster Universitario en Estatística ou os créditos superados neste tipo de Máster.
Lugar e datas de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse na Secretaría do Departamento de Matemáticas, na Facultade de Informática (Campus de Elviña) desde o 22 de marzo de 2012 ata o 18 de abril de 2012.
Máis información: contrato

