Ofertas de emprego na USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para os seguintes contratos:

1.- Aplicación e desenvolvemento de metodoloxía bioinformática relacionadas coa inmunoxenómica de enfermidades de peixes e moluscos.

- Retribución bruta mensual: 820,00€

- Duración do contrato: 7,5 meses

- Xornada laboral: tempo parcial

- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación

- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Veterinaria, Bioloxía, Biotecnoloxía, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais e Matemáticas

 

2.- Revisión de técnicas estatísticas para xeolingüistica perceptiva. Deseño de ferramentas (estimadores, test de hipóteses) que permitan describir e facer inferência sobre a percepción dialectal.

- Retribución bruta mensual: 600, 00€

- Duración do contrato: 4 meses

- Xornada laboral: tempo parcial

- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación

- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Matemáticas

 

3.- Desenvolvemento de algoritmos de detección de estructuras coherentes de Lagrange en ríos atmosféricos.

- Retribución bruta mensual : 1173,00 €

- Duración do contrato: 12 meses

- Xornada laboral: tempo completo

- Categoría: Investigador en formación

- Requisitos: Licenciado /a ou Grao en Física ou Matemáticas. Deberán estar matriculados nun Programa de Doutoramento

 

Máis información: Ofertas

 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates