- Detalles
- Categoría: Uncategorised
Se tivese saído cara, a túa nai tería sido escollida con probabilidade 1/2, mentres que se tivese saído cruz, esta probabilidade sería 1. Esta relación de probabilidades 2 a 1 para o suceso observado (que ti naciches), condicionado polo resultado de cruz ou cara no lanzamento da moeda, leva a concluír (basta con aplicar a regra de Bayes) que a probabilidade de cara é 1/3, e a probabilidade de cruz, e, polo tanto, de ter un medio irmán, é 2/3.
Supoñamos que logo consegues a edición antiga da Guía de Portos do Mariñeiro, que casualmente era o libro no que estaba a nota do teu pai, e atopas que a cidade na que naciches aparece antes que a outra cidade portuaria. Con esta información adicional, o tu nacemento vólvese seguro, e independente do resultado do lanzamento da moeda. Agora a probabilidade de que tivese saído cara ou cruz é a mesma, 1/2, e, polo tanto, tamén a de que teñas un medio irmán. Pola contra, se a túa cidade aparece despois da outra, é seguro que non saíu cara senón cruz (agora a probabilidade de cara é cero), e tes con seguridade un medio irmán.
{backbutton}
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Novembro de 2018. Número 50
Colaboración
Software
Actividades da SGAPEIO
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Sabías que?
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
Estudo de investigación sobre a efectividade de terapias cognitivas baseadas en actividades cotiás, a través da monitoraxe non invasiva dos usuarios: Rich Stimulation Daily Living (RISING).
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato a tempo completo como investigador/a en o proxecto de investigación arriba mencionado para a realización dun estudo sobre a efectividade de terapias cognitivas baseadas en actividades cotiás, no marco dun contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector TIC.
INVESTIGADOR PRINCIPAL: Profesor Dr. Manuel Febreiro Bande, Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, e investigador adscrito a ITMATI.
PERFÍS DOS CANDIDATOS: Graduados/ as, licenciados/ as, diplomados/ as, másteres e doutores/ as en matemáticas e/ou estatística.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
Expediente académico do grao, licenciatura, diplomatura, máster e/ou doutoramento. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato/a con a área de estatística e investigación operativa.
Coñecementos avanzados en estatística.
Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e/ou estatísticos. ou Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso da linguaxe de programación R. Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (35 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
Coñecementos e experiencia previa no uso de metodoloxías relativas ao control estatístico da calidade, especialmente ao control por atributos.
Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso do paquete Shiny de R e de R Markdown.
Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de LaTeX.
Entrevista persoal (25 puntos).
Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as.
TRABALLOS A REALIZAR:
Análise estatística dos datos recompilados no marco do proxecto.
Elaboración de informes en R, usando o paquete Shiny de R e R Markdown.
CONDICIÓNS:
Realizarase un contrato de obra ou servizo.
Retribución bruta mensual: 1.710,00 € en 12 pagas.
Data inicio prevista: setembro de 2018.
Data fin de obra prevista: 30/11/2018, sempre que a dispoñibilidade do proxecto permítao.
Xornada laboral: tempo completo.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 23 de xullo de 2018 ás 14:00 horas a súa solicitude, que deberá incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria da persoa solicitante (coa formación e experiencia xeral a valorar, así como os méritos adicionais que se valoran na convocatoria), un currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), e o título e o expediente académico de grao, licenciatura, diplomatura, máster e/ou doutoramento. Se os candidatos/ as estímano oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación.
Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
A situación non está ben definida. O paradoxo aparece ao considerar, no cálculo do valor esperado, que os sucesos son independentes cando realmente están condicionados. Na fórmula C =2Ex1/2 + 0,5Ex1/2 o primeiro E e o segundo non representan o mesmo. O primeiro é o valor esperado do Euro no escenario A (o euro valerá o dobre do coin) e o segundo, o valor esperado do Euro no escenario B (o euro valerá a metade do coin). No cálculo supoñemos que son o mesmo, e por iso utilizamos o mesmo símbolo, mais non é así.
Se utilizamos unha referencia común “y” para o valor de ambas as dúas moedas (como o cambio fronte ao dólar) o paradoxo desaparece. Por exemplo, vexamos tres casos mantendo sempre a relación dobre/metade do problema:
CASO 1: cambio simétrico
Escenario A: Euro = 2y ; Coin = y Escenario B: Euro = y ; Coin = 2y
E[C] = y x 1/2 + 2y x 1/2 = 1,5 y
E[E] = 2y x 1/2 + y x 1/2 = 1,5 y
O valor esperado é o mesmo para euros e coins. É indiferente cambiar ou non cambiar á outra moeda.
CASO 2: euro estable, o coin sobe ou baixa.
Escenario A: Euro = y ; Coin = 2y Escenario B: Euro = y ; Coin = 0,5y
E[C] = 2y x 1/2 + 0,5y x 1/2 = 1,25 y
E[E] = y x 1/2 + y x 1/2 = y
É mellor cambiar os euros a coins.
CASO 3: coin estable, o euro sobe ou baixa.
Escenario A: Euro = 2y ; Coin = y Escenario B: Euro = 0,5y ; Coin = y
E[C] = y x 1/2 + y x 1/2 = y
E[E] = 2y x 1/2 + 0,5y x 1/2 = 1,25 y
É mellor cambiar os coins a euros.
A análise só é posible cando a situación está ben definida. Os resultados serán diferentes dependendo do modo en que se resolva a indefinición, é dicir, cando establecemos con claridade que é o que queremos dicir exactamente con “un coin valerá ou ben dous euros ou ben medio euro con igual probabilidade”. Na situación proposta no enunciado do problema, os dous valores esperados calculados non son comparables, xa que só son correctos en condicións distintas, cunha interpretación diferente dos dous escenarios posibles.
{backbutton}


